Visualizacións de páxina totais

mércores, 5 de marzo de 2014



ESCOLAS WALDORF: CUESTIONANDO O USO DOS ORDENADORES NA AULA.

As escolas Waldorf (160 en EUA) teñen unha filosofía de ensino centrada na actividade física e a aprendizaxe a través do creativo, as tarefas prácticas. Os que avalan este enfoque din que os ordenadores inhiben o pensamento creativo, o movemento, a interacción humana e a capacidade de atención.

Nas súas aulas non hai ordenadores, hai pizarras con xices de cores, estanterías con enciclopedias, escritorios de madeira cheos de libros e lapis, agullas de tecer…  sobre estas últimas, postulan que axudan á resolución de problemas, matemáticas, cordinación... co obxectivo, a longo prazo, de facer calcetíns. Aprenden fraccións divindo e comendo tortas…

O debate está entre os que defenden as aulas con tecnoloxía para poder competir no mundo moderno e os que defenden que a tecnoloxía é unha distracción cando o que se necesita é a alfabetización, a aritmética e o pensamento critico.

É de salientar o elitismo destas escolas que pode chegar, dependendo do grao, aos 24.000 dólares e é tamén de salientar que os pais deste alumnado son traballadores moi cualificados das grandes empresas tecnolóxicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario