Visualizacións de páxina totais
martes, 25 de marzo de 2014
mércores, 5 de marzo de 2014
ESCOLAS WALDORF:
CUESTIONANDO O USO DOS ORDENADORES NA AULA.
As escolas Waldorf (160 en EUA) teñen unha filosofía de ensino centrada na
actividade física e a aprendizaxe a través do creativo, as tarefas prácticas.
Os que avalan este enfoque din que os ordenadores inhiben o pensamento
creativo, o movemento, a interacción humana e a capacidade de atención.
Nas súas aulas non hai ordenadores, hai pizarras con xices de cores,
estanterías con enciclopedias, escritorios de madeira cheos de libros e lapis,
agullas de tecer… sobre estas últimas, postulan que axudan á resolución de problemas,
matemáticas, cordinación... co obxectivo, a longo prazo, de facer calcetíns.
Aprenden fraccións divindo e comendo tortas…
O debate está entre os que defenden as aulas con tecnoloxía para poder
competir no mundo moderno e os que defenden que a tecnoloxía é unha distracción
cando o que se necesita é a alfabetización, a aritmética e o pensamento
critico.
É de salientar o elitismo destas escolas que pode chegar, dependendo do
grao, aos 24.000 dólares e é tamén de salientar que os pais deste alumnado son
traballadores moi cualificados das grandes empresas tecnolóxicas.
luns, 24 de febreiro de 2014
Animámonos a ler
Na rede pódense atopar infinidade de textos que convidan a ler. En blogs, webs ou mesmo nas redes sociais, infinidade de particulares e colectivos amosan as súas propostas e elaboran atractivos textos para que ler se convirta en algo desexado.
Ofrecemos unha pequena mostra que pode dar para ler e comentar.
-Blog 10 dicas para ler máis libros cada ano.
-Blog. Dez motivos para ler aos clássicos.
Doce dicas que facilitam seu habito de leitura.
Emili Teixidor tamén che ofrece unha serie de estratexias para collerlle gusto á lectura.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
